Voto por correo desde España

Voto por correo desde España

Como podo votar por correo se resido en España?

Voto por correo desde España

Para solicitar o voto por correo se resides en España debes recoller o impreso de solicitude na oficina de Correos, onde estará dispoñible desde o mesmo día da convocatoria das eleccións.
É moi importante que lembres que desde o momento no que solicitases votar por correo, se é aceptada a solicitude, xa non poderás votar de maneira presencial na mesa electoral o día das eleccións.

No impreso de solicitude indicarás a dirección postal á que queres que se che envíe a documentación electoral (pode ser o teu lugar de traballo, e mesmo un apartado postal).

A Oficina do Censo Electoral enviarache á dirección que indicases a seguinte documentación:
  • As papeletas de todas as candidaturas das eleccións ao Congreso dos Deputados e o sobre de votación.
  • A papeleta con todos os candidatos/as das eleccións ao Senado e o sobre de votación.
  • O teu certificado de inscrición no censo.
  • Un sobre no que estará escrita a información da túa mesa electoral.
  • Unha folla explicativa do procedemento de votación.
Esta documentación deberá ser recibida por ti persoalmente.

Unha vez recibises a documentación, elixe a papeleta da candidatura das eleccións ao Congreso dos Deputados á que decidises votar e introdúcea no sobre de votación.

Procede da mesma maneira coas papeletas das eleccións ao Senado, sen esquecer marcar cunha cruz o ou os candidatos/as da túa elección.

Ten en conta que a papeleta pode ir impresa polas dúas caras e asegúrate de comprobar que marcas o número que corresponde á túa circunscrición.

A convocatoria de eleccións a Cortes Xerais inclúe eleccións ao Congreso dos Deputados e eleccións ao Senado. Podes votar en ambos os procesos ou só nun deles.

Logo, introduce o sobre ou os sobres de votación e o certificado de inscrición no censo no sobre no que está escrita a dirección da túa mesa electoral.

Lembra: non introduzas ningún documento acreditativo da túa identidade dentro do sobre de votación, porque neste caso o teu voto sería considerado nulo pola mesa.

Leve este sobre a unha oficina de Correos e envíeo por correo certificado; ata o día 6 de outubro.
Este envío é gratuíto.

O día das eleccións, o domingo 10 de novembro, o servizo de Correos enviará todos os sobres que conteñen os votos por correo ás mesas electorais ás 9 da mañá.

Así mesmo seguirá dando traslado dos envíos postais que se sigan recibindo ao longo do día, ata as 20 horas.

A esa hora, terminada a votación e antes de realizar o escrutinio, a mesa introducirá os sobres de voto recibidos por correo na urna.