Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Voto das persoas que residen permanentemente no estranxeiro (CERA)

VISITA GUIADA VOTO CERA

A solicitude

Cubra o impreso de solicitude (remitirallo a Oficina do Censo Electoral, e tamén pode descargalo nesta páxina Web).

Acompáñeo dun dos seguintes documentos:

  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do Pasaporte expedido polas autoridades españolas.
  • Certificación de nacionalidade.
  • Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

Remítao todo o antes posíbel e en todo caso non máis tarde do día 27 de abril, á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral que lle corresponder.

O envío da solicitude tamén poderá ser realizado de forma telématica, accedendo ao procedemento “solicitude de voto CERA publicado na sede electrónica do INE”

A Oficina do Censo Electoral remitiralle:

  1. Unha folla informativa.
  2. Papeletas e sobres de votación.
  3. Dous certificados de inscrición no censo electoral.
  4. Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
  5. Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
  6. Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.

O voto

Introduza no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial:

  • Os sobres de votación coa súa opción de voto.
  • Un dos certificados de inscrición no censo.
  • Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matricula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.

A partir de aquí, pode:

  • Depositar este sobre persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado (entre os días 22 ao 24 de maio).
  • Remitir este sobre por correo certificado (até o 21 de maio). Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:
    • Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
    • O segundo certificado de inscrición no censo.
    • Se así o desexar, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.

Máis información na Embaixada ou Consulado e en www.infoelectoral.mir.es , www.exteriores.gob.es , www.ine.es .