Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Persoas que integran a Mesa Electoral

As Mesas electorais forman parte da Administración Electoral, xunto coas Xuntas Electorais.

Á Mesa electoral correspóndelle presidir o acto da votación, controlar o desenvolvemento da votación e realizar o reconto e o escrutinio.

A Mesa electoral está composta por un Presidente ou Presidenta e dous vogais.

O nomeamento dos integrantes da Mesa electoral é competencia de cada Concello, e elíxense polo Pleno Municipal, mediante sorteo público utilizando calquera procedemento aleatorio ou mecanismo ao azar. Non hai obxección para que o referido sorteo poda realizarse perante a Xunta de Goberno Local, en caso de que o Pleno do Concello teña delegado nela esa competencia, sempre que se leve a cabo nunha sesión pública.

Este sorteo realízase entre a totalidade de persoas censadas na Sección que teñan menos de 70 anos e saiban ler e escribir, se ben a partir dos sesenta e cinco anos de idade poderase manifestar a renuncia no prazo de sete días. Ficarán excluídas aquelas persoas que cheguen a maioría de idade no prazo comprendido entre a formación das listas de votantes e a votación.

O Presidente ou Presidenta deberá ter o título de Bacharelato ou o de Formación Profesional de segundo grao ou, subsidiariamente, o de Graduado Escolar ou equivalente.

Designaranse dous suplentes por cada persoa que forme parte da Mesa electoral (dous por cada vogal, e outros dous suplentes para o Presidente ou Presidenta da Mesa)

Para as Eleccións do 26 de maio de 2019, os sorteos realízanse entre os días 27 de abril e 1º de maio de 2019.

Ás persoas designadas polo Pleno Municipal, notifícaselles que foran elixidas para formar parte da Mesa Electoral durante os tres días seguintes ao sorteo, é dicir entre o 27 de abril e o 4 de maio, aínda que se se produce máis tarde, o retraso non será causa de anulación da designación.

Xunto coa notificación seralles proporcionado un Manual de Instruccións para as persoas que integran as Mesas electorais

A designación como persoa elixida para formar parte da Mesa para un proceso electoral non supón a continuidade para o seguinte, aínda que nada impida que, en virtude do sorteo, poida ser elixida de novo en procesos consecutivos.