Ministerio del Interior

Elecciones 2019

Recurso contra a designación: Impedimentos e escusas

Os cargos das persoas que integran as Mesas electorais son obrigatorios, e tamén o son os cargos de suplentes.

Nas eleccións do 26 de maio, as persoas designadas dispoñerán de sete días dende a notificación para alegar ante a Xunta Electoral de Zona correspondente unha causa xustificada e documentada que lles impida aceptar o cargo. As persoas maiores de 65 años que teñan sido nomeadas poden renunciar no prazo de sete días a partires da comunicación da notificación.

A Xunta Electoral de Zona resolve as alegacións no prazo de 5 días. Contra esta resolución da Xunta Electoral de Zona non cabe recurso en vía administrativa electoral, sen prexuízo de calquera recurso xurisdicional que a persoa interesada estime pertinente (Acordos da Xunta Electoral Central de 20 de abril, 19 de setembro e 3 de decembro de 2001). Por outra parte, o artigo 8.5 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, recolle que corresponde coñecer aos Xulgados do Contencioso-Administrativo das impugnacións contra actos das Xuntas Electorais de Zona.

Contémplase a posibilidade de recibir e enviar consultas e recursos por fax, sempre que ademais se envíe a documentación orixinal por correo ou por calquera outro medio que permita ter constancia da recepción polo interesado (Acordo da Xunta Electoral Central de 9 de febreiro de 2000).

A condición de persoa que integra a Mesa electoral só se perde tras a aceptación pola Xunta Electoral de Zona da escusa alegada. Ningunha outra persoa ou institución poderá decidir a mudanza desta condición.

Se posteriormente calquera das persoas designadas non puidera acudir a desempeñar o seu cargo, debe comunicalo á Xunta Electoral de Zona ao menos 72 horas antes da xornada electoral, aportando as xustificacións pertinentes. Se a imposibilidade de acudir se producir despois dese prazo, o aviso á Xunta Electoral de Zona deberá realizarse de maneira inmediata e, en todo caso, antes da constitución da Mesa electoral (8:00 horas do día da votación). Os suplentes tamén poden alegar escusas que lles impidan formar parte da Mesa.

O cargo de persoa que integra a Mesa non pode ser desempeñado por quen se presente como candidato ou candidata, nin sequera aínda que o faga noutra circunscrición. Considérase causa xustificada o ter a condición de inelixíbel segundo o establecido no artigo 6 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral.

A persoa designada pola Administración para recibir unha copia da acta de escrutinio, a efectos de facilitar información provisoria para os resultados electorais, non poderá compatibilizar esta función coa de persoa que integra a Mesa.

O Presidente ou Presidenta e os vogais das Mesas electorais, así como o seus respectivos suplentes, que deixen de concorrer a desempeñar a súas funcións, as abandonen sen causa lexítima ou incumpran sen causa xustificada as obrigacións de escuso ou aviso previo, incorrerán en pena de prisión de tres meses a un ano ou multa de seis a vinte catro meses.