Ministerio del Interior

Elecciones 2019

O percorrido do teu voto

O percorrido do teu voto

Sabes que ocorrerá co teu voto o día 26 de maio?

Nesta breve guía explicámoscho.

A mesa electoral:

O día das Eleccións, os electores e electoras poden votar presencialmente na Mesa que lles corresponda, entre as nove da mañá e as oito da tarde.

Ás oito da tarde, o Presidente ou Presidenta da Mesa electoral anuncia en voz alta que vai terminar a votación e, a continuación:

  • Permitirá votar ás persoas que estean dentro do local electoral ou no seu acceso.
  • Introducirá na urna os sobres de votación remitidos por correo.
  • Votará o Presidente ou Presidenta, os e as vocais e os interventores e as interventoras acreditadas ante esa Mesa electoral, e non se permitirá que vote ninguén máis.

O escrutinio dos votos

Termina a votación e comeza o escrutinio dos votos que levará a orde seguinte

  1. Eleccións ao Parlamento Europeo.
  2. Eleccións Municipais.
  3. Eleccións a Entidades de Ámbito Territorial Inferior ao Municipio, se é o caso.
  4. Eleccións Autonómicas.
  1. O Presidente ou Presidenta abre a urna correspondente a cada proceso e vai sacando os sobres de un en un:
    • Le en voz alta a candidatura votada.
    • Mostra a papeleta a vocais, apoderados e apoderadas e a interventores e interventoras.
  2. Recóntase o número de votos obtidos por cada candidatura e o presidente anuncia:
    • Número de electores e electoras censadas
    • Número de votantes.
    • Número de votos nulos.
    • Número de votos en branco.
    • Número de votos por candidatura.
  3. Resólvense posibles protestas e reclamacións.
  4. Destrúense tódalas papeletas de votación, agás:
    • as consideradas coma votos nulos
    • as que foron obxecto dalgunha reclamación

    Estas papeletas asinaranse e incluiranse na documentación electoral que a Mesa debe entregar no Xulgado de 1.ª Instancia ou de Paz.

  5. Esténdese a acta de escrutinio e con ela faise o seguinte:

    O orixinal colócase á entrada do local electoral

    Entrégase unha copia a:

    • Representante da Administración
    • Representantes das candidaturas
    • Apoderados e apoderadas
    • Interventores e interventoras
  6. Esténdese a acta da sesión e repártense copias aos representantes das candidaturas, apoderados e apoderadas e interventores e interventoras que as soliciten.

O destino final da documentación electoral.

  1. A documentación electoral distribúese en 3 sobres: haberá un xogo de tres sobres para cada proceso que se celebre:
    • Sobre número 1 de cada proceso celebrado:
      • Orixinal da acta de constitución da Mesa (a incluír nas eleccións Municipais; no resto incluiranse as copias)
      • Orixinal da acta da sesión do proceso que corresponda
      • Documentos aos que se fai referencia na acta de sesión: listas do censo electoral, lista numerada de votantes, papeletas nulas e obxecto de protesta...
    • Sobres números 2 e 3 de cada proceso celebrado:
      • Copia da acta de constitución da Mesa
      • Copia das actas da sesión
  2. Entrega de sobres aos seus destinatarios:
    • Sobres números 1 e 2
      • A Presidencia, vocais e interventores e interventoras que o desexen, deben entregar os sobres 1 e 2 no Xulgado de Primeira Instancia ou de Paz en cuxa circunscrición se atope a Mesa
      • As Forzas e Corpos de Seguridade acompañarán e, si fose necesario, facilitarán o desprazamento destas persoas.
      • O Xuíz ou Xuíza recibirá a documentación e asinará o correspondente recibo.

      Unha vez entregados os sobres 1 e 2 finalizan as funcións das persoas que forman parte da mesa que acudiron ao xulgado

    • Sobre número 3
      • O sobre número 3 será entregado por un vocal da Mesa electoral ao empregado ou empregada de Correos que acudirá á Mesa para recollelo.
      • Unha vez entregado este sobre finalizan as funcións do vocal que permanecera no local electoral para estes efectos.