Voto das persoas que residen temporalmente no estranxeiro (ERTA)

Os electores e electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen votar, deberán solicitalo previamente.

O impreso de solicitude poderá encontralo nos Consulados e Embaixadas, e descargalo aqui (PDF).

A solicitude cuberta deberá entregarse persoalmente no Consulado ou Embaixada.

Para poder formular a solicitude, deberán estar inscritos no Rexistro de Matrícula Consular como non residentes. Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.

O prazo para presentar a solicitude remata o día 29 de abril.

Unha vez proclamadas as candidaturas e finalizado o prazo de recursos, a Oficina do Censo Electoral enviaralle a documentación para votar.

Os envíos terán que estar realizados, sexa como for, non máis tarde do 16 de maio. A este prazo terá que sumarse o tempo que tarde en chegar a documentación ao domicilio no estranxeiro.

En que consiste esta documentación electoral que remite a Oficina do Censo Electoral?

  • Unha folla informativa.
  • Unha papeleta de votación en branco no caso das eleccións Locais e papeletas de todas as candidaturas no resto de procesos.
  • Copia da páxina ou páxinas do “Boletín Oficial” da provincia nas que figuren as candidaturas proclamadas no Concello (no caso de eleccións Locais)
  • O certificado de inscrición no censo electoral.
  • O sobre ou sobres de votación.
  • Un sobre dirixido á Mesa electoral que lle corresponda.
  • Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.

No caso das eleccións Locais, escribirá na papeleta o nome do partido, federación, coalición ou agrupación cuxa candidatura desexa votar e introducirá a papeleta no sobre de votación; no resto dos procesos introducirá no sobre a papeleta da candidatura elixida.

A continuación, introducirá no sobre dirixido á Mesa electoral o seguinte:

  • Sobre ou sobres de votación coa papeleta correspondente para cada proceso (ou non incluirá ningunha papeleta se o que desexa é votar en branco)
  • O certificado de inscrición no censo.
  • Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío.

Ten ata o día 24 de maio para remitir este sobre por correo certificado.

Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.

O servizo de Correos conservará ata o día da votación a correspondencia dirixida á Mesa e trasladaraa ás 9 da mañá e ata as 20 horas do mesmo día.

Máis información na Embaixada ou Consulado e na Web do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Web do INE.

Vídeo explicativo Voto ERTA