Ampliado o prazo do depósito do voto por correo ata o día 25 de maio, nos horarios habituais de apertura das oficinas de correos.
Impreso de Solicitude de voto por correo (PDF) Castellano (Abrirase unha nova xanela), Català (Abrirase unha nova xanela), Galego (Abrirase unha nova xanela), Euskera (Abrirase unha nova xanela), Valencià (Abrirase unha nova xanela)
Folla informativa (PDF) Castellano (Abrirase unha nova xanela), Català (Abrirase unha nova xanela), Galego (Abrirase unha nova xanela), Euskera (Abrirase unha nova xanela), Valencià (Abrirase unha nova xanela)
Nas eleccións do 28 de maio poderase votar por correo. O prazo de solicitude é desde o 4 de abril ao 18 de maio. Pode solicitalo:
Lembre: o prazo para poder solicitar o voto por correo finaliza o vindeiro día 18 de maio Os servizos de Correos remiten a solicitude debidamente cuberta á Oficina do Censo Electoral, que fai a anotación correspondente nas listas do censo. Daquela, a persoa que solicita o voto por correo, unha vez foi admitida a súa solicitude, XA NON PODE VOTAR PERSOAMENTE.
A continuación a Oficina do Censo Electoral envía por correo certificado ao domicilio indicado no impreso de solicitude un sobre coa seguinte documentación:
-Unha papeleta de cada unha das formacións políticas que se presenten a cada un dos procesos convocados.
Esta documentación debe ser recibida pola persoa que o solicitou, previa acreditación da súa identidade. Se non estivese no seu domicilio, terá que ir persoalmente a recollela á Oficina de Correos correspondente.
Unha vez escollida a papeleta para cada proceso, introduciraa no sobre de votación correspondente (ou non incluirá papeleta se quere votar en branco) e pecharao.
Incluirá o sobre ou sobres de votación e o certificado de inscrición no censo no sobre dirixido á Mesa e remitirao por correo certificado en todo caso como moi tarde o 24 de maio. Este envío é gratuíto, xa que será o Ministerio do Interior a través do orzamento electoral o que se fará cargo de compensar o operador postal por estes envíos.
Correos entregará nas Mesas electorais a correspondencia que se poida recibir ata as vinte horas do día da votación. Os sobres recibidos despois das vinte horas serán remitidos á Xunta Electoral de Zona e destruiranse.
O 28 de maio, ás 20 horas, despois de votar a última persoa na Mesa electoral, introduciranse na urna respectiva os sobres que conteñan as papeletas do voto remitidos por correo.
Para isto, séguense os seguintes pasos: