Apoderados e apoderadas, interventores e interventoras, das candidaturas

Poden portar emblemas ou adhesivos da entidade política á que representan, pero só como identificación desa candidatura, e sen que iso sexa considerado propaganda electoral.

Son as persoas que ostentan a representación da candidatura nos actos e operacións electorais, poden acceder libremente a todos os locais electorais, examinar o desenvolvemento da votación e do escrutinio en calquera Mesa, formular reclamacións e protestas e pedir certificacións.

Se non hai interventores ou interventoras da súa candidatura, poden actuar como tales perante a Mesa, participando nas súas deliberacións con voz e sen voto.

Deben identificarse perante a Mesa exhibindo as súas credenciais e seu Documento Nacional de Identidade.

Non votan na Mesa se non figuran no censo da mesma.

Cada candidatura pode nomear dous por cada Mesa. Desempeñan a súa función só na Mesa designada para exercer a súa acreditación.

Poden asistir á Mesa e participar nas súas deliberacións con voz pero sen voto. Para estes efectos, os que actúen en nome dunha mesma candidatura perante a mesma Mesa poden substituírse entre si.

Poden formular reclamacións e protestas e pedir certificacións.

Votan na Mesa perante a que exercen a súa acreditación, aínda que non figuren no seu censo electoral da mesma, sempre que dita Mesa estea na mesma circunscrición cá Mesa na que lles correspondería votar segundo a súa inscrición no censo.

En caso contrario, non poden votar na Mesa onde exerzan as súas funcións, senón por medio do voto por correo dirixido á Mesa que corresponda á súa inscrición no censo. Poden exercer o seu dereito a voto unha soa vez, constituíndo delito electoral votar dúas ou máis veces na mesma elección.