Nas eleccións ás Asembleas de Ceuta e Melilla e nas eleccións ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas de 28 de mayo, as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán de oficio ao enderezo da inscrición de cada persoa de nacionalidade española inscrita no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro a seguinte documentación:
O sobre de votación
Dous certificados idénticos de estar inscritos no censo de electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro.
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
Unha folla informativa sobre como exercer o dereito a voto e o enderezo da páxina web oficial onde se exporán as candidaturas e onde estarán dispoñibles os xogos de papeletas descargables
A relación de centros autorizados para depositar os votos en urna no ámbito da súa demarcación consular.
O envío da documentación pola OCE deberá efectuarse por correo certificado a partir do día 22 e ata o 28 de abril, aínda que a este prazo haberá que sumarlle o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.
A OCE tamén enviará as papeletas oficiais ao enderezo da inscrición de cada elector residente ausente, a partir do 3 de maio e non máis tarde do 7 de maio, naquelas provincias onde non fora impugnada a proclamación de candidaturas e, nas restantes non máis tarde do 13 de maio.
As papeletas descargables estarán dispoñibles unha vez resoltos os recursos contra a proclamación de candidaturas e non máis tarde do 7 de maio.
Introduza no sobre dirixido á xunta electoral provincial:
O sobre de votación coa súa opción de voto.
Un certificado de inscrición no censo.
Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matricula Consular expedidas polo Consulado de España no país de residencia.
Depositar este sobre persoalmente nas urnas dispostas para tal fin na súa embaixada ou consulado entre os días 20 e 25 de maio.
**O enviar este sobre por correo certificado ata o 23 de maio. ** Neste caso, deberá introducir no sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada o seguinte:
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co contido xa indicado.
O segundo certificado de inscrición no censo.
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos do envío naqueles países onde non houbese aberto un apartado de correos.
Finalizados os prazos, efectuarase o envío urxente de todos os votos (recibidos por correo ou depositados en urna) ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en: