Os electores ou electoras que se atopen temporalmente no estranxeiro entre a convocatoria dun proceso e a súa celebración e desexen exercer o seu dereito de sufraxio poden facelo seguindo un procedemento específico.
Encha o impreso de solicitude, que atopará no consulado xeral ou a embaixada, o ben no apartado “INFORMACIÓN XERAL” desta mesma páxina web.
O impreso debe presentarse persoalmente no consulado ou embaixada.
O prazo para presentar a solicitude finaliza o día 29 de abril.
Para poder formular a solicitude deberá estar inscrito/a no rexistro de matrícula consular como non residente.
Ambos os trámites (solicitude e inscrición) poden realizarse no mesmo acto.
A oficina do censo electoral enviaralle:
Unha folla informativa.
Unha papeleta de votación en branco no caso de eleccións Locais, papeletas de todas as candidaturas do resto de procesos e sobres de votación.
Copia do “Boletín Oficial” da provincia coas candidaturas proclamadas no Concello (eleccións Locais)
Certificado de inscrición no censo electoral.
Un sobre dirixido á mesa electoral correspondente.
Impreso para a devolución dos gastos do envío do voto por correo.
No caso das eleccións Locais, escribirá na papeleta o nome do partido, federación, coalición ou agrupación a cuxa candidatura desexa votar e introducirá a papeleta no sobre de votación; no resto dos procesos introducirá no sobre a papeleta da candidatura elixida.
Debe introducir no sobre dirixido á mesa electoral:
Os sobres de votación coa súa opción de voto.
O certificado de inscrición no censo.
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío.
Envíe o sobre por correo certificado; pódeo facer ata o 24 de maio.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre un cuño ou outra inscrición oficial dunha Oficina de Correos do Estado que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
Máis información na Embaixada ou Consulado e en: