Nas eleccións ás Asembleas de Ceuta e Melilla e nas eleccións ás Asembleas Lexislativas das Comunidades Autónomas do 28 de maio, as Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral remitirán de oficio a seguinte documentación ao enderezo da inscrición de cada persoa de nacionalidade española inscrita no censo dos electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro:
O sobre de votación.
Dous certificados idénticos de estar inscrito no censo de electores residentes ausentes que viven no estranxeiro.
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial.
Sobre dirixido ao Consulado ou Embaixada.
Unha folla informativa sobre como exercer o dereito a voto e o enderezo da páxina web oficial onde se exporán as candidaturas e onde estarán dispoñibles os xogos de papeletas descargables.
A relación de centros habilitados para depositar os votos en urna no ámbito da súa demarcación consular.
Co fin de garantir o segredo do voto, só se poderá descargar telematicamente o conxunto completo de papeletas.
A documentación deberá ser enviada pola OCE por correo certificado a partir do día 22 e ata o 28 de abril, aínda que a este prazo haberá que sumarlle o tempo que tarde en chegar a documentación ao enderezo no estranxeiro.
A OCE tamén enviará as papeletas oficiais ao enderezo da inscrición de cada elector residente ausente, a partir do 3 de maio* e non máis tarde do 7 de maio, naquelas provincias onde non fora impugnada a proclamación de candidaturas e, nas restantes, non máis tarde do 13 de maio.
As papeletas descargables estarán dispoñibles unha vez resoltos os recursos contra a proclamación de candidaturas e non máis tarde do 7 de maio.
As oficinas consulares garantirán a dispoñibilidade de papeletas oficiais de voto nos centros de votación, así como sobres de votación e medios informáticos necesarios para descargar o resto da documentación necesaria para votar durante os días habilitados para o voto presencial.
Introducirase a papeleta correspondente á candidatura elixida dentro do sobre de votación (ou non se incluirá ningunha papeleta se o que se desexa é votar en branco).
A continuación, no sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, introducirase o seguinte:
Sobre de votación coa papeleta.
Un dos certificados de inscrición no censo (se vai votar por correo, no reverso do certificado figurará a sinatura e o número do pasaporte ou do DNI do elector)
Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedida polo Consulado de España no país de residencia.
1. Depositalo persoalmente nas urnas dispostas para iso na súa Embaixada ou Consulado ou nos centros habilitados para iso.
Poderá facelo entre o 20 e o 25 de maio ambos inclusive.
Deberá entregar ao funcionario consular, logo de acreditar a súa identidade, o segundo certificado de inscrición no censo e depositará o sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial, despois de o funcionario consular asinar no dorso do devandito sobre e estampe nel o selo da Oficina Consular no que conste a data do seu depósito.
2. Remitilo por correo certificado. .
Poderá facelo ata o día 23 de maio.
En este caso, deberá introducir en el sobre dirigido al Consulado o Embajada lo siguiente:
Sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial co seguinte contido.
Sobre de votación coa papeleta
O certificado de inscrición no censo, en cuxo dorso figurará a sinatura e o número do pasaporte ou do DNI do elector.
Fotocopia do pasaporte ou do DNI expedidos polas autoridades españolas, ou certificación de nacionalidade ou de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular expedida polo Consulado de España no país de residencia.
O outro certificado de inscrición no censo,
Se así o desexa, o impreso cuberto para a devolución dos gastos de envío naqueles países onde non se abrisen apartados de correos.
Será indispensable para a validez destes votos que conste claramente no sobre dirixido á Xunta Electoral correspondente o selo da Oficina Consular de Carreira ou Sección Consular da Misión Diplomática correspondente, que certifique de modo indubidable o cumprimento dos prazos previstos.
Finalizado o prazo para depositar o voto en urna, todos os votos (recibidos por correo ou depositados en urna) deberán ser remitidos á Oficina que para o efecto se constitúa no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, que procederá ao seu envío urxente ás Xuntas Electorais encargadas do escrutinio.
Máis información na Embaixada ou Consulado e na Web do Ministerio de Asuntos Exteriores e a Web do INE.
Se algún votante do CERA se encontrase temporalmente en España durante a convocatoria dun proceso electoral, poderá solicitar (o mesmo que os residentes en territorio nacional) o voto por correo a partir da data da convocatoria e ata o día 18 de maio, sen que isto supoña a súa baixa no CERA
Para isto, deberá cubrir a solicitude (en calquera oficina do Servizo de Correos) indicando expresamente a súa inscrición no censo de españois residentes no estranxeiro e dirixila á correspondente Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral. Indicará un domicilio en España onde desexa recibirá documentación.
Se xa se enviou a documentación ao domicilio de inscrición no estranxeiro, enviaráselle un certificado de inscrición coa marca “DUPLICADO”.
Recibida a documentación electoral no enderezo de España que tivese sinalado na solicitude, o elector enviará o seu voto por correo certificado á Xunta Electoral Provincial, non máis tarde do 24 de maio.
Estes electores e electoras non poderán votar persoalmente na Mesa electoral.
Unha vez proclamadas as candidaturas e finalizado o prazo de presentación de recursos, o que non se producirá antes do 5 de maio, aquí se poderán descargar os xogos completos de papeletas de todas as candidaturas proclamadas nas eleccións á Asemblea de Ceuta e á Asemblea de Melilla.
Unha vez descargado o xogo completo de papeletas, imprima a papeleta que corresponda á súa opción de voto.
Esta papeleta só será válida para o voto dos electores residentes permanentemente no estranxeiro.